Kit dixital de CoDiCri (galego)

O obxectivo final do proxecto CoDiCri inclúe o desenvolvemento de diferentes ferramentas conceptuais, instrumentos de deseño e un marco didáctico para o desenvolvemento de prácticas educativas abertas para a Educación Superior que contribúan ao desenvolvemento da competencia dixital crítica do estudante promovendo explícitamente o exercicio da axencia para a aprendizaxe.

A continuación compartimos o kit dixital de CoDiCri, con licenzas abertas, para a súa reutilización e adaptación, en galego. Tamén dispoñible en castelán, catalán e vasco.